domingo, 15 de mayo de 2016

OS MELLORES DEPORTISTAS GALEGOS DE TODOS OS TEMPOS

OS MELLORES DEPORTISTAS GALEGOS DE TODOS OS TEMPOS
Nesta entrada libre na que podo falar sobre o que quera de Galicia vou falar dos que se tratan para o meu punto de vista dos mellores deportistas galegos da historia.O tema polo que vou falar sobre estes deportistas e moi sinxelo, e vou falar deles xa que ao longo de todo o curso non se falou nada de deporte relacionado con Galicia e para a miña opinión todos estes deportistas axudaron a que o resto do mundo coñezca mellor Galicia.
Os deportistas que elixín eu son:

DAVID CAL FIGUEROA: nado o 10 de outubro de 1982 en Vilariño (Cangas), é un piragüista galego, especialista nas categorías C1-1000 metros e C1-500 metros e medallista olímpico en cinco ocasións.
Converteuse no deportista español con máis medallas olímpicas ó acadar nos Xogos Olímpicos de 2012 a súa quinta medalla, a medalla de prata en C1 1000 metros. A súa traxectoria comeza Aos 8 anos iniciouse no mundo do piragüismo, competindo durante os veráns no club local, onde coñeceu a Suso Morlán, o seu adestrador actual,David Cal é unha das máximas figuras mundiais do deporte do piragüismo. Ademais, é o único galego medallista olímpico de ouro nun deporte individual, e o único deportista galego que conseguiu dúas medallas olímpicas, un ouro e unha prata, nos mesmos xogos, neste caso os de Atenas 2004.
Como júnior, con só 18 anos, foi bronce no campionato mundial do seu tempo disputado en Zagreb en 1999. Xa daquela competía en C1. Ao ano seguinte proclamouse campión europeo júnior en Boulogne (Francia) na categoría curta dos C1-500 así como a medalla de bronce na proba longa do C1-1000. Ademais, acudiu como reserva, pero sen participar, aos Xogos de Sydney dese 2000. En 2002, xa como sub-23, Cal conseguiu o bronce nos europeos de Zagreb sobre os 500 metros.
ATENAS 2004:Nos Xogos de Atenas Cal gañou a primeira serie dos 1000 metros cun tempo de 3'50"091, e cualificouse directamente para as finais. Na final, superou a todos os seus rivais, e en especial o favorito alemán Andreas Dittmer dende o comezo ata o final da proba. Ademais conseguiu o récord do mundo na distancia, cun tempo de 3'46"201, 0.52 segundos por diante de Dittmer.
Na proba curta dos 500 metros, Cal tamén gañou a clasificación directa para a final impoñéndose na primeira serie, cun tempo de 1'48"397. Pero na final Dittmer rematou con 0'34 segundos por diante de Cal, que foi prata.
PEKÍN 2008:Cal conseguiu a prata na proba longa do quilómetro (3'58"421), por detrás de Dittmer., mentres que na proba curta dos 500m non podía pasar da sétima praza, cun tempo de 1'50"361. Nesta proba o ouro tamén foi para Andreas Dittmer e  ademais foi o abandeirado do equipo español na cerimonia de apertura
LONDRES 2012:Nos Xogos Olímpicos de Londres 2012 participou só na modalidade de C1 1000 m xa que a de C1 500 foi eliminada e substituída pola de C1 200m. Cunha espectacular remontada a partir dos 750 metros acadaría a súa cuarta prata converténdose no mellor deportista español da historia dos XXOO. Nesta ocasión o ouro conseguiuno o alemán Sebastian Brendel cun tempo de 3:47.176 e o bronce para Mark Oldershaw con 3:48.502, o tempo do galego foi de 3:48.053.
David Cal tamén foi unha vez campión do mundo,concretamente no ano 2007


JAVI GÓMEZ NOYA: nado en Basilea (Suíza) o 25 de marzo de 1983, é un triatleta galego, campión mundial sub-23 en 2003, campión de Europa en 2007, campión da Copa do Mundo de 2006 e de 2007, campión do Mundo en 2008 e 2010 e medalla de prata nos Xogos Olímpicos de 2012 en Londres. É un dos máis importantes deportistas galegos. Fillo de emigrantes galegos, na actualidade vive en Ferrol e adestra no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra.
Especialista en natación, deporte no que posúe récords galegos en longas distancias. Na súa traxectoria comeza no ano 2004 cando non foi seleccionado para os Xogos de Atenas pola Federación Española de Tríatlon, o que motivou numerosas protestas do deporte en Galicia e ata no Congreso dos Deputados. Uns meses despois, o Consello Superior de Deportes retíralle a licenza para competir internacionalmente, por entender que a alta competición, sumada a unha valvulopatía aórtica que padece, lle pode supor un grave risco para a saúde. En febreiro de 2006, logo de intensas xestións e de ditames médicos internacionais, Gómez Noya recupera a licenza. Nesa mesma tempada remata segundo na Copa do Mundo de Aqaba, vence na Copa de Europa de Estoril e vence tamén na Copa do Mundo de Madrid, por diante do seu compañeiro Iván Raña, e mais na de Hamburgo e proclámase campión da Copa do Mundo, algo que nunca fixera un triatleta galego. A partir de aquí plocamouse 5 veces do mundo no seu deporte,o triatlón e ademáis tamén ten unha medalla de prata acadada nos xogos olímpicos de Londres 2012


FERNANDO ROMAY:  nado na Coruña en 23 de setembro de 1959, é un ex-xogador de baloncesto galego. Este xogador,xogou no Real Madrid dende 1976 ata 1993. Durante este período o equipo obtivo sete títulos de Liga, cinco de Copa do Rei, dous de Copa de Europa, tres de Recopa, un de Copa Korac, dous da Copa Intercontinental e un Campionato Mundial de Clubs.
Xogou na selección de baloncesto de España, coa que conseguiu a medalla de prata nos Xogos Olímpicos de 1984. Participou tamén nos Xogos Olímpicos de 1980 e en tres Mundobasket e catro Eurobasket.
TRAXECTORIA:
  • Real Madrid. Categorías inferiores.
  • 1976-78 Liga Nacional. Real Madrid.
  • 1978-79 Liga Nacional. C.B. Tempus Madrid.
  • 1979-83 Liga Nacional. Real Madrid.
  • 1983-93 ACB. Real Madrid
  • 1993-94 ACB. OAR Ferrol
  • 1994-95 ACB. CB Zaragoza


  • MANUEL SENRA:nado en Olveira (Dumbría) máis coñecido como Senra ou Tarolo,é un piloto galego de rallys, que compite dende fai anos no Campionato de Galicia de Rallys e no Campionato de Montaña de Galica. Foi cinco veces consecutivas campión galego de rallyes de asfalto entre 2001 e 2005 e sumou un total de 37 victorias


    LUIS SUÁREZ MIRAMONTES:nado na Coruña, no barrio de Montealto, o 2 de maio de 1935, é un ex futbolista e adestrador de fútbol galego. Xogaba de centrocampista e foi internacional coa selección española. Na actualidade forma parte do equipo técnico do Inter de Milán. Trátase do único Balón de Ouro galego e español, premio que acadou en 1960
    PALMARÉS:
  • 2 Copa Intercontinental, co Inter de Milán, en 1964 e 1965.
  • 2 Copas de Europa, co Inter de Milán, en 1964 e 1965.
  • 2 Copas de Feiras, co FC Barcelona
  • 3 campionatos da Serie A, co Inter de Milán, en 1963, 1965 e 1966.
  • 1 Copa de Italia, co Inter de Milán, en 1965
  • 2 Ligas, co FC Barcelona.
  • 2 Copas, co FC Barcelona
  • No hay comentarios:

    Publicar un comentario