domingo, 15 de mayo de 2016

GRUPOS GALEGOS QUE CANTAN NA NOSA LÍNGUA

GRUPOS GALEGOS QUE CANTAN NA NOSA LÍNGUA
 
A continuación vou falar de dous grupos de música que coñezo eu que cantan en galego. Un destes grupos chámase "poetarras" e o outro grupo "dios ke te crew"
 
1.Poetarras:(2013-actualidade), membros(Daniel Vilaverde,Manuel Gago,Rubén Lino Mandado e Pablo Lamosa), historia:
Poetarras é un grupo musical e cómico galego creado no 2013. Acadaron sona a través de vídeos publicados na súa conta de YouTube nos cales fan covers humorísticos de cancións como "Roar" de Katy Perry, "Let It Be" de The Beatles ou "Hasta siempre, comandante" de Carlos Puebla.
Tamén fan sketchs cómicos que escriben, dirixen e interpretan eles mesmos. No 2014, gañaron o premio á mellor serie web en lingua galega no festival "Carballo Interplay".
No 2015 participaron en festivais como o Revenidas, ou nos magostos populares da organización Galiza Nova realizados en diversas localidades galegas.En maio de 2015, os sindicatos en Galicia da Policía e da Garda Civil, UFP e Unión GC, denunciaron a presenza de Poetarras e Def Con Dos no Festival de Cans por "respeto a las víctimas de la violencia".As Novas Xeracións do PPdeG atribuíronlle ó grupo "apoloxía do terrorismo" sendo acusados de proetarras. Como opinión persoal a miña canción favorita deste grupo é a que lle a adican a Feijóo,que tamén é o nome da canción na que falan deste home con moita ironía.


2.Dios ke te crew:(2003-actualidade),membros(Sokram, García, Mou, Jamas), historia:Dios ke te crew (DKTC) é un grupo de hip hop de Ordes formado en 2003. Posteriormente formaron tamén un grupo de graffiti, breakdance, DJs e rap. Todos estes aspectos do hip hop únense nas presentacións en directo do grupo, onde é común presenciar pezas de pintura e graffiti no fondo do escenario e bailar breakdance, mentres o grupo musical interpreta as súas cancións.
O grupo comezou en 2003 cando a organización Festigal contactou cos grupos de rap de 5 Talegos e Ghamberros, ambos os dous formados en Ordes, e preséntanse como Dios ke te Crew. Na parte non musical uníronse os graffiteiros Vandals Crew e Cousas Novas, e os breakers de Compostela Playmovil Kids (os cales xa non forman parte da crew).
A primeira gravación acreditada de Deus ke te Crew foi a curtametraxe incluída na película colectiva Hai que botalos, un recompilatorio de curtametraxes postas en circulación co motivo das eleccións do Parlamento Galego en 2005. Contribuíu coa banda sonora do episodio titulado "O derradeiro", o elemento titulado "herdeiros da ditadura".
En 2006-2007, lanzaron o seu primeiro traballo en formato profesional, un LP titulado Xénese con 16 temas. Autoeditado polo selo do propio grupo DKTC Sons e a editora galega Falcatruada. Distribuído por Discmendi en España e Noruega. Este é o primeiro disco de rap realizado enteiramente en galego. Ten influencias do jazz, rock, reggae, hardcore e funk. No deseño do CD inclúense ilustracións e graffitis de membros do colectivo. A canción que máis me gusta deste grupo chámase "Herdeiros ditadura" e que ten como curiosidade que foi o tema co que remataou o día da patria Galega un ano.






 


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario