domingo, 15 de mayo de 2016

GALICIA PARA MIN

GALICIA PARA MIN
Galicia para min, é o meu país a miña terra e un parte do meu corpo e da miña alma,o lugar onde nacín o lugar onde quero vivr e o sitio onde espero morrer.Galicia para min son as súas paisaxes,o clima,os seus monumentos,a súa cultura propia,o seu idioma propio,as costumes desta terra,as súas tradiccións e a súas xentes. Aínda que as veces nós os galegos non nos merecemos esta maravillosa e fermosa terra porque non queremos coidar. Isto é Galicia para min en palabras.
 
E en imaxes Galicia para min é isto:
(catedral de Santiago de Compostela)
 
 
 
(vaca"rubia galega")
 
(as fragas do eume)
 
(polvo á feira)
 
 
(o pobo galego)


OS MELLORES DEPORTISTAS GALEGOS DE TODOS OS TEMPOS

OS MELLORES DEPORTISTAS GALEGOS DE TODOS OS TEMPOS
Nesta entrada libre na que podo falar sobre o que quera de Galicia vou falar dos que se tratan para o meu punto de vista dos mellores deportistas galegos da historia.O tema polo que vou falar sobre estes deportistas e moi sinxelo, e vou falar deles xa que ao longo de todo o curso non se falou nada de deporte relacionado con Galicia e para a miña opinión todos estes deportistas axudaron a que o resto do mundo coñezca mellor Galicia.
Os deportistas que elixín eu son:

DAVID CAL FIGUEROA: nado o 10 de outubro de 1982 en Vilariño (Cangas), é un piragüista galego, especialista nas categorías C1-1000 metros e C1-500 metros e medallista olímpico en cinco ocasións.
Converteuse no deportista español con máis medallas olímpicas ó acadar nos Xogos Olímpicos de 2012 a súa quinta medalla, a medalla de prata en C1 1000 metros. A súa traxectoria comeza Aos 8 anos iniciouse no mundo do piragüismo, competindo durante os veráns no club local, onde coñeceu a Suso Morlán, o seu adestrador actual,David Cal é unha das máximas figuras mundiais do deporte do piragüismo. Ademais, é o único galego medallista olímpico de ouro nun deporte individual, e o único deportista galego que conseguiu dúas medallas olímpicas, un ouro e unha prata, nos mesmos xogos, neste caso os de Atenas 2004.
Como júnior, con só 18 anos, foi bronce no campionato mundial do seu tempo disputado en Zagreb en 1999. Xa daquela competía en C1. Ao ano seguinte proclamouse campión europeo júnior en Boulogne (Francia) na categoría curta dos C1-500 así como a medalla de bronce na proba longa do C1-1000. Ademais, acudiu como reserva, pero sen participar, aos Xogos de Sydney dese 2000. En 2002, xa como sub-23, Cal conseguiu o bronce nos europeos de Zagreb sobre os 500 metros.
ATENAS 2004:Nos Xogos de Atenas Cal gañou a primeira serie dos 1000 metros cun tempo de 3'50"091, e cualificouse directamente para as finais. Na final, superou a todos os seus rivais, e en especial o favorito alemán Andreas Dittmer dende o comezo ata o final da proba. Ademais conseguiu o récord do mundo na distancia, cun tempo de 3'46"201, 0.52 segundos por diante de Dittmer.
Na proba curta dos 500 metros, Cal tamén gañou a clasificación directa para a final impoñéndose na primeira serie, cun tempo de 1'48"397. Pero na final Dittmer rematou con 0'34 segundos por diante de Cal, que foi prata.
PEKÍN 2008:Cal conseguiu a prata na proba longa do quilómetro (3'58"421), por detrás de Dittmer., mentres que na proba curta dos 500m non podía pasar da sétima praza, cun tempo de 1'50"361. Nesta proba o ouro tamén foi para Andreas Dittmer e  ademais foi o abandeirado do equipo español na cerimonia de apertura
LONDRES 2012:Nos Xogos Olímpicos de Londres 2012 participou só na modalidade de C1 1000 m xa que a de C1 500 foi eliminada e substituída pola de C1 200m. Cunha espectacular remontada a partir dos 750 metros acadaría a súa cuarta prata converténdose no mellor deportista español da historia dos XXOO. Nesta ocasión o ouro conseguiuno o alemán Sebastian Brendel cun tempo de 3:47.176 e o bronce para Mark Oldershaw con 3:48.502, o tempo do galego foi de 3:48.053.
David Cal tamén foi unha vez campión do mundo,concretamente no ano 2007


JAVI GÓMEZ NOYA: nado en Basilea (Suíza) o 25 de marzo de 1983, é un triatleta galego, campión mundial sub-23 en 2003, campión de Europa en 2007, campión da Copa do Mundo de 2006 e de 2007, campión do Mundo en 2008 e 2010 e medalla de prata nos Xogos Olímpicos de 2012 en Londres. É un dos máis importantes deportistas galegos. Fillo de emigrantes galegos, na actualidade vive en Ferrol e adestra no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra.
Especialista en natación, deporte no que posúe récords galegos en longas distancias. Na súa traxectoria comeza no ano 2004 cando non foi seleccionado para os Xogos de Atenas pola Federación Española de Tríatlon, o que motivou numerosas protestas do deporte en Galicia e ata no Congreso dos Deputados. Uns meses despois, o Consello Superior de Deportes retíralle a licenza para competir internacionalmente, por entender que a alta competición, sumada a unha valvulopatía aórtica que padece, lle pode supor un grave risco para a saúde. En febreiro de 2006, logo de intensas xestións e de ditames médicos internacionais, Gómez Noya recupera a licenza. Nesa mesma tempada remata segundo na Copa do Mundo de Aqaba, vence na Copa de Europa de Estoril e vence tamén na Copa do Mundo de Madrid, por diante do seu compañeiro Iván Raña, e mais na de Hamburgo e proclámase campión da Copa do Mundo, algo que nunca fixera un triatleta galego. A partir de aquí plocamouse 5 veces do mundo no seu deporte,o triatlón e ademáis tamén ten unha medalla de prata acadada nos xogos olímpicos de Londres 2012


FERNANDO ROMAY:  nado na Coruña en 23 de setembro de 1959, é un ex-xogador de baloncesto galego. Este xogador,xogou no Real Madrid dende 1976 ata 1993. Durante este período o equipo obtivo sete títulos de Liga, cinco de Copa do Rei, dous de Copa de Europa, tres de Recopa, un de Copa Korac, dous da Copa Intercontinental e un Campionato Mundial de Clubs.
Xogou na selección de baloncesto de España, coa que conseguiu a medalla de prata nos Xogos Olímpicos de 1984. Participou tamén nos Xogos Olímpicos de 1980 e en tres Mundobasket e catro Eurobasket.
TRAXECTORIA:
  • Real Madrid. Categorías inferiores.
  • 1976-78 Liga Nacional. Real Madrid.
  • 1978-79 Liga Nacional. C.B. Tempus Madrid.
  • 1979-83 Liga Nacional. Real Madrid.
  • 1983-93 ACB. Real Madrid
  • 1993-94 ACB. OAR Ferrol
  • 1994-95 ACB. CB Zaragoza


  • MANUEL SENRA:nado en Olveira (Dumbría) máis coñecido como Senra ou Tarolo,é un piloto galego de rallys, que compite dende fai anos no Campionato de Galicia de Rallys e no Campionato de Montaña de Galica. Foi cinco veces consecutivas campión galego de rallyes de asfalto entre 2001 e 2005 e sumou un total de 37 victorias


    LUIS SUÁREZ MIRAMONTES:nado na Coruña, no barrio de Montealto, o 2 de maio de 1935, é un ex futbolista e adestrador de fútbol galego. Xogaba de centrocampista e foi internacional coa selección española. Na actualidade forma parte do equipo técnico do Inter de Milán. Trátase do único Balón de Ouro galego e español, premio que acadou en 1960
    PALMARÉS:
  • 2 Copa Intercontinental, co Inter de Milán, en 1964 e 1965.
  • 2 Copas de Europa, co Inter de Milán, en 1964 e 1965.
  • 2 Copas de Feiras, co FC Barcelona
  • 3 campionatos da Serie A, co Inter de Milán, en 1963, 1965 e 1966.
  • 1 Copa de Italia, co Inter de Milán, en 1965
  • 2 Ligas, co FC Barcelona.
  • 2 Copas, co FC Barcelona
  • GALICIA PARA MAL NO ANO 2050

    GALICIA PARA MAL NO ANO 2050
    No ano 2050 Galicia non será máis que outra comunidade autónoma de España. Polo tanto Galicia estará gobernada polos direxentes de Madrid e nós,todos os galegos faremos caso do que eles ordenen nese momento sen que os galegos teñamos o poder de decidir se eso nos interesa ou non. E una das consecuencias que terá isto é que o galego prácticamente deixará de existir tanto no fala como á hora de escribir e pasará a ser un dialecto que falará alguna xente no ámbito privado como por exemplo na casa. En canto á poboación galega para o ano 2050 vaise caracterizar como una poboación onde cada vez hai máis xente anciana que xóven como ocorre agora,xa que no ano 2050 as parellas terán como moito dous fillos por familia e como consecuencia descenderá a natalidade infantil en Galicia e tamén o 40% da poboación terá que marchar da súa terra. O clima galego para o 2050 vai pasar de ser un clima oceánico caracterizado polas temperaturas suaves ao longo do ano e tamén caracterizado polas numerosas precipitacións a convertirse Galicia nun sitio cun clima mediterráneo é dicir pasaremos de ter chuvia "por un tubo" a ter moita calor e por culpa disto, deixaremos de ter os bosque verdes que tanto caracterizan Galicia e tamén perderemos toda esa fauna e natureza que habita nestes bosques. Outro ámbito que pódese ver afectado para o ano 2050 pode ser o turismo que visita Galicia cada ano e polo tánto a xente deixará de visitar ás nosas fermosas praias,ríos,bosques e monumentos que temos aquí en Galicia e todo isto levará ao noso país a unha profunda crise económica no sectores do turismo e da hostelería e por último todos os nosos bosques galegos serán invadidos polos eucaliptos sen deixar que haxa outras especies de árbores en Galicia ou tamén pódese dar o caso que no ano 2050 xa non existan as especies autóctonas de animais coma a galiña de Mós ou a famoso "rubia galega" entre outras especies.

    GALIZA PARA BEN NO ANO 2050

    GALICIA PARA BEN NO ANO 2050
     
    A Galicia do ano 2050 será un país independente ou "ceive" onde só fálase o idioma galego,xa que o 100% da poboación fala o galego, e soamente nas escolas enséñase este idioma,polas rúas só escoitase falar o galego e nas diferentes institucións públicas da Xunta de Galicia ou en sitios como as entidades bancarias utilízase o galego para facer todo tipo de xestións. A poboación ademáis de falar na súa totalidade o galego tamén ten outras cousas como que hai máis nacementos que mortes,é dicir, a natalidade ascende e non como ocurre na actualidade onde en Galicia hai máis "vellos" que "novos" ou tamén hai outras cousas importantes como que o pobo galego xa non vai ser un pobo "emigrante" ao contrario do que leva sucedendo dende todo a historia. O clima galego no ano 2050 vai ser o mesmo que na actualidade (clima oceánico) onde as temperaturas  no inverno estarán nunha media de 8,5ºC e no verán cunha temperatura de 19ºC e cunha media ao longo do ano de 13,5ºC e tampouco poden faltar as precipitaccións xa que son algo característico de Galicia e onde como na actualidade as chuvias no ano 2050 van ser moi abundantes, en canto ao tema dos bosques galegos, os bosques están cheos de árbores como o carballo e o roble ou tamén de pinos ou abetos e ao que refírese á fauna en Galicia no ano 2050 aínda consérvase as especies autóctonas como a galiña de Mós ou o cabalo de pura raza galega. No ámbito cultural e máis concretamente aos monumentos galegos para o futuro van conservar o prestixio e o recoñecemento do mundo como o que teñen agora na actualidade tanto A CATEDRAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, A TORRE DE HÉRCULES ou AS MURALLAS DE LUGO seguen tendo milleiros de visitantes cada ano e a cifra nunca descende. E xa para finalizar vou falar doutro ámbito, xa que no ano 2050 a gastronomía galega será como na actualidade cunha gran tradición e variedade, sendo un dos aspectos de maior importancia na cultura e sociedade galega e onde está moi establecida a celebración de grandes comidas, ben en familia, ben en eventos, actos ou encontros. Xa que Galicia é un lugar con un gran número de festas gastronómicas onde os productos típicos da gastronomía galega son: o caldo,o polvo á feira,a mariscada,os pementos de padrón,a empanada ou os diferentes tipos de queixos.

    LUIS TOSAR

    LUIS TOSAR
     
     
    Luís López Tosar, coñecido como Luís Tosar, nado en Cospeito o 13 de outubro de 1971, é un actor galego. É coñecido por actuar en filmes como Cela 211, Te doy mis ojos, Mientras duermes, Tamén la lluvia e los lunes al sol.
    A súa traxectoria comeza no campo da curtametraxe para logo ser coñecido polo súa presenza na serie da Televisión de Galicia Mareas vivas, serie mítica da TVG e que lanza á fama aos seus protagonistas, entre eles, Luís Tosar. En febreiro de 2003 foi elixido 'Galego do Mes' por El Correo Gallego.
    Foi premiado como Mellor Actor nos Premios Goya da Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España 2004 por Te doy mis ojos, Mellor Actor de Elenco no 2003 por Los lunes al sol e, de novo, Mellor Actor Protagonista no 2009 por Cela 211. A súa traxectoria profesional mereceu diversas distincións fose do ámbito cinematográfico entre a que cabe destacar o Premio Xarmenta en 2005 pola súa defensa da lingua galega no Bierzo.
    FILMOGRAFÍA: as súas películas máis famosas
  • 2016 Toro de Kike Maíllo
  • 2016 Cien años de perdón de Daniel Calparsoro
  • 2016 Galaicus de Luis Tosar
  • 2015 A cambio de nada de Daniel Guzmán
  • 2015 El desconocido de Dani de la Torre
  • 2015 Ma Ma de Julio Medem
  • 2014 Musarañas de Juan Fernando Andrés y Esteban Roel
  • 2014 El niño de Daniel Monzón
  • 2013 Una noche en el Viejo México de Emilio Aragón
  • 2013 Qué pena tu familia de Nicolás López
  • 2011 Mientras duermes de Jaume Balagueró
  • 2011 Crebinsky de Enrique Otero
  • 2010 Lope de Andrucha Waddington
  • 2010 O apóstolo de Fernando Cortizo
  • 2009 Mr. Nice de Bernard Rose
  • 2009 La noche que dejó de llover de Alfonso Zarauza
  • 2009 Celda 211 de Daniel Monzón
  • 2008 Casual Day de Max Lemcke
  • 2007 Normal con Alas de Coca Gómez
  • 2007 Las vidas de Celia de Antonio Chavarrías
  • 2006 Miami Vice de Michael Mann
  • 2006 Cargo de Clive Gordon
  • 2005 La noche del hermano de Santiago García de Leániz
  • 2005 Galatasaray-Depor de Hannes Stöhr
  • 2003 Te doy mis ojos de Icíar Bollaín
  • 2003 La flaqueza del bolchevique de Manuel Martín Cuenca
  • 2002 Los lunes al sol de Fernando León de Aranoa
  • 2000 La Comunidad de Álex de la Iglesia
  • 1998 Atilano presidente de Santiago Aguilar y Luis Guridi

  • Coma productor fixo o filme Crebinsky onde tamén foi actor, aunque ésta no es su primera experiencia como productor, ya que las películas 18 comidas y Al final del camino son dos buenos ejemplos del interés del gallego por esta otra faceta cinematográfica.

    2011 Crebinsky de Enrique Otero
    2010 18 comidas de Jorge Coira
    2009 Al final del camino de Roberto Santiago

    AS SÚAS OBRAS DE TEATRO:
  • 2011 A ópera dos tres reás, de Blanca Cendán.
  • 2006 Hamlet, de Lino Braxe y con Manuel Manquiña, Gonzalo Uriarte, Víctor Mosqueira y Miguel Piernas.
  • 2005 El zoo de cristal, de Agustín Alezzo y con Cristina Rota, María Botto y Juan Carlos Vellido.
  • 2001 La cena de los idiotas, de Francis Veber
  • IGNACIO VILAR

    IGNACIO VILAR
     
     
    Xosé Ignacio Vilar Díaz, coñecido como Ignacio Vilar, nado en Petín en 1951, é un director galego de cinema. A súa traxectoria comeza aos dezaoito anos cándo trasládase a Barcelona, onde estuda cine, montaxe, dirección de actores, rodaxe de documentais e curtas. Alí comeza un proxecto de difusión de cinema polos barrios de Barcelona, e tamén polas vilas de Cataluña. En 1989 gaña o Carlos Velo polo guión "Ollo Birollo", volve a Galicia e monta a produtora Vía Láctea Filmes, coa que dirixe curtas en 35mm, documentais e series documentais para televisión.
    FILMOGRAFÍA:
  • Polisóns (1999)
  • Ilegal (2002)
  • Un bosque de música (2003)
  • Sempre Xonxa en Petín (2005)
  • Pradolongo (2008)
  • Vilamor (2012)
  • A esmorga (2014)
  • PREMIOS MESTRE MATEO
    No ano 2002 foi nomeado aos premios a mellor guión e mellor dirección de producción polo seu filme "ilegal", no ano 2008 foi nomeado ao premio de mellor director polo seu filme "pradolongo" e no ano 2014 foi nomeado aos premios de mellor director e mellor guión polo seu filme "a esmorga"

    CHANO PIÑEIRO

    CHANO PIÑEIRO
     
     
     
     
    Luciano Manuel Piñeiro Martínez, máis coñecido coma Chano Piñeiro, nado en Forcarei o 12 de outubro de 1954 e finado en Vigo o 21 de marzo de 1995, foi un cineasta galego. Ata os anos 1990 en que empeza a despuntar o cine en galego, Chano Piñeiro foi considerado unanimemente o director galego por excelencia. Encarnou coma ninguén a ansia por facer cine en Galicia e en lingua galega.
    A súa traxectoria comeza  en 1977 coa curtametraxe Os paxaros morren no aire, supostamente inspirada no Sempre en Galiza de Castelao. A curtametraxe, que parece ser non gustou nos ambientes composteláns, acadou, non obstante, varios premios en festivais. Os paxaros morren no aire é unha clara mostra do ideario cinematográfico de Chano Piñeiro: ó voluntarismo e do cine afeccionado  opón unha fe resolta no cine e, concretamente, no cine en galego. O argumento conta a historia dunha moza que intenta construír unha ponte para dar acceso a unha vila. Para facelo ponse a camiñar e atópase con Castelao e con Basilio Álvarez. A rodaxe contou entre os seus intérpretes con Xosé Manuel Olveira "Pico", Antón Casal, Pili Lorenzo, Xosé Ramón Rodríguez e Alfonso Armada. As localizacións pertencían a Rubillón, Ponte Caldelas, Cabrais, Ribeira e a praia de Arealonga,no ano 1979 fai a filme en Super 8 Eu, o Tolo, considerada por moitos a primeira longametraxe de ficción en galego e trátase dunha iniciativa individual e bastante afeccionada como demostra o feito de que Chano Piñeiro e máis Pablo Barreiro, o técnico de son e músico do filme, tivesen que percorrer persoalmente toda Galicia para exhibir, proxector e pantalla en man, a longametraxe. A estrea oficial só tería lugar o 12 de marzo de 1982 en Vigo grazas ó entusiasta apoio da Corporación Municipal. Eu, o Tolo é un relato surrealista e metafísico en torno a un extravagante personaxe, "Eu". "Eu" casa coa súa bicicleta. Acusado do asasinato do vehículo, foxe da cadea e chega a ser presidente do gobernó. O gran salto na filmografía de Chano Piñeiro prodúcese en 1984 cando fundou a produtora cinematográfica Piñeiro S.A. (despois Bubela S.L.), cuxa primeira realización sería a louvada curtametraxe en 35 mm, Mamasunción. O filme estréase o 28 de decembro de 1984 en Vigo e consegue atraer a atención de diversos festivais internacionais. Tal foi o éxito desta curtametraxe que o 25 de xullo de 1985 a TVG abre a súa primeira emisión con Mamasunción. Sen dúbida trátase do filme máis logrado na carreira de Chano Piñeiro. En 1988, Chano Piñeiro iniciou a rodaxe de Sempre Xonxa, a primeira longametraxe galega en 35 mm. Era un proxecto demasiado ambicioso para as posibilidades de Chano Piñeiro. A rodaxe alongouse durante máis dun ano e medio por mor das eivas financeiras e das complexidades da produción. Esta rodaxe esgotou o patrimonio de Chano Piñeiro e derramou a súa fráxil saúde. Con todo, conseguiu estreala en 1989, e esta película obtivo certo recoñecemento internacional, e queda na conciencia colectiva dos galegos coma un fito na historia da cultura galega, en 1993 recibiu o encargo institucional de rodar O Camiño das Estrelas mediometraxe destinado a promocionar o Xacobeo 93, suceso turístico-promocional que a Xunta de Galicia, acababa de inventar. Chano Piñeiro deseña unha película a medio camiño entre a realidade e a ficción. A estrea tivo lugar o 25 de xullo dese ano no Monte do Gozo. Sería a súa última película, e malia contar con medios técnicos nunca visto ata entón no cine galego, representa claramente o punto máis baixo na filmografía de Chano Piñeiro. O argumento xira ó redor da historia de amor entre un lobishome e unha serea, o cal serve de escusa ou de contrapunto para ir presentando as terras do Camiño de Santiago. Pero o argumento acaba sendo do máis manido e o resultado global foi moi controvertido.Lamentablemente, non lle deu tempo a rodar máis películas, ó falecer en 1995 con só 40 anos.
    FILMOGRAFÍA:
  • Os paxaros morren no aire, 1977
  • Eu, o Tolo, 1978
  • Esperanza, 1986
  • Mamasunción, 1984
  • Sempre Xonxa, 1989
  • O Camiño das Estrelas
  • Trala súa morte, creáronse para honralo os Premios Chano Piñeiro que levaban o seu nome. Logo dun ano de celebración, estes premios pasaron a denominarse Premios Mestre Mateo. Posteriormente, foron creados outros Premios Chano Piñeiro, en paralelo ós anteriores
    PREMIOS E RECOÑECEMENTOS:
    Obtivo no ano 1993 o premio San Martiño de nomalización lingüística do Concello da Estrada.
    Recibiu a Medalla de Prata de Galicia en 1995, a título póstumo

    GRUPOS GALEGOS QUE CANTAN NA NOSA LÍNGUA

    GRUPOS GALEGOS QUE CANTAN NA NOSA LÍNGUA
     
    A continuación vou falar de dous grupos de música que coñezo eu que cantan en galego. Un destes grupos chámase "poetarras" e o outro grupo "dios ke te crew"
     
    1.Poetarras:(2013-actualidade), membros(Daniel Vilaverde,Manuel Gago,Rubén Lino Mandado e Pablo Lamosa), historia:
    Poetarras é un grupo musical e cómico galego creado no 2013. Acadaron sona a través de vídeos publicados na súa conta de YouTube nos cales fan covers humorísticos de cancións como "Roar" de Katy Perry, "Let It Be" de The Beatles ou "Hasta siempre, comandante" de Carlos Puebla.
    Tamén fan sketchs cómicos que escriben, dirixen e interpretan eles mesmos. No 2014, gañaron o premio á mellor serie web en lingua galega no festival "Carballo Interplay".
    No 2015 participaron en festivais como o Revenidas, ou nos magostos populares da organización Galiza Nova realizados en diversas localidades galegas.En maio de 2015, os sindicatos en Galicia da Policía e da Garda Civil, UFP e Unión GC, denunciaron a presenza de Poetarras e Def Con Dos no Festival de Cans por "respeto a las víctimas de la violencia".As Novas Xeracións do PPdeG atribuíronlle ó grupo "apoloxía do terrorismo" sendo acusados de proetarras. Como opinión persoal a miña canción favorita deste grupo é a que lle a adican a Feijóo,que tamén é o nome da canción na que falan deste home con moita ironía.


    2.Dios ke te crew:(2003-actualidade),membros(Sokram, García, Mou, Jamas), historia:Dios ke te crew (DKTC) é un grupo de hip hop de Ordes formado en 2003. Posteriormente formaron tamén un grupo de graffiti, breakdance, DJs e rap. Todos estes aspectos do hip hop únense nas presentacións en directo do grupo, onde é común presenciar pezas de pintura e graffiti no fondo do escenario e bailar breakdance, mentres o grupo musical interpreta as súas cancións.
    O grupo comezou en 2003 cando a organización Festigal contactou cos grupos de rap de 5 Talegos e Ghamberros, ambos os dous formados en Ordes, e preséntanse como Dios ke te Crew. Na parte non musical uníronse os graffiteiros Vandals Crew e Cousas Novas, e os breakers de Compostela Playmovil Kids (os cales xa non forman parte da crew).
    A primeira gravación acreditada de Deus ke te Crew foi a curtametraxe incluída na película colectiva Hai que botalos, un recompilatorio de curtametraxes postas en circulación co motivo das eleccións do Parlamento Galego en 2005. Contribuíu coa banda sonora do episodio titulado "O derradeiro", o elemento titulado "herdeiros da ditadura".
    En 2006-2007, lanzaron o seu primeiro traballo en formato profesional, un LP titulado Xénese con 16 temas. Autoeditado polo selo do propio grupo DKTC Sons e a editora galega Falcatruada. Distribuído por Discmendi en España e Noruega. Este é o primeiro disco de rap realizado enteiramente en galego. Ten influencias do jazz, rock, reggae, hardcore e funk. No deseño do CD inclúense ilustracións e graffitis de membros do colectivo. A canción que máis me gusta deste grupo chámase "Herdeiros ditadura" e que ten como curiosidade que foi o tema co que remataou o día da patria Galega un ano.