domingo, 15 de mayo de 2016

GALIZA PARA BEN NO ANO 2050

GALICIA PARA BEN NO ANO 2050
 
A Galicia do ano 2050 será un país independente ou "ceive" onde só fálase o idioma galego,xa que o 100% da poboación fala o galego, e soamente nas escolas enséñase este idioma,polas rúas só escoitase falar o galego e nas diferentes institucións públicas da Xunta de Galicia ou en sitios como as entidades bancarias utilízase o galego para facer todo tipo de xestións. A poboación ademáis de falar na súa totalidade o galego tamén ten outras cousas como que hai máis nacementos que mortes,é dicir, a natalidade ascende e non como ocurre na actualidade onde en Galicia hai máis "vellos" que "novos" ou tamén hai outras cousas importantes como que o pobo galego xa non vai ser un pobo "emigrante" ao contrario do que leva sucedendo dende todo a historia. O clima galego no ano 2050 vai ser o mesmo que na actualidade (clima oceánico) onde as temperaturas  no inverno estarán nunha media de 8,5ºC e no verán cunha temperatura de 19ºC e cunha media ao longo do ano de 13,5ºC e tampouco poden faltar as precipitaccións xa que son algo característico de Galicia e onde como na actualidade as chuvias no ano 2050 van ser moi abundantes, en canto ao tema dos bosques galegos, os bosques están cheos de árbores como o carballo e o roble ou tamén de pinos ou abetos e ao que refírese á fauna en Galicia no ano 2050 aínda consérvase as especies autóctonas como a galiña de Mós ou o cabalo de pura raza galega. No ámbito cultural e máis concretamente aos monumentos galegos para o futuro van conservar o prestixio e o recoñecemento do mundo como o que teñen agora na actualidade tanto A CATEDRAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, A TORRE DE HÉRCULES ou AS MURALLAS DE LUGO seguen tendo milleiros de visitantes cada ano e a cifra nunca descende. E xa para finalizar vou falar doutro ámbito, xa que no ano 2050 a gastronomía galega será como na actualidade cunha gran tradición e variedade, sendo un dos aspectos de maior importancia na cultura e sociedade galega e onde está moi establecida a celebración de grandes comidas, ben en familia, ben en eventos, actos ou encontros. Xa que Galicia é un lugar con un gran número de festas gastronómicas onde os productos típicos da gastronomía galega son: o caldo,o polvo á feira,a mariscada,os pementos de padrón,a empanada ou os diferentes tipos de queixos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario