domingo, 15 de mayo de 2016

CHANO PIÑEIRO

CHANO PIÑEIRO
 
 
 
 
Luciano Manuel Piñeiro Martínez, máis coñecido coma Chano Piñeiro, nado en Forcarei o 12 de outubro de 1954 e finado en Vigo o 21 de marzo de 1995, foi un cineasta galego. Ata os anos 1990 en que empeza a despuntar o cine en galego, Chano Piñeiro foi considerado unanimemente o director galego por excelencia. Encarnou coma ninguén a ansia por facer cine en Galicia e en lingua galega.
A súa traxectoria comeza  en 1977 coa curtametraxe Os paxaros morren no aire, supostamente inspirada no Sempre en Galiza de Castelao. A curtametraxe, que parece ser non gustou nos ambientes composteláns, acadou, non obstante, varios premios en festivais. Os paxaros morren no aire é unha clara mostra do ideario cinematográfico de Chano Piñeiro: ó voluntarismo e do cine afeccionado  opón unha fe resolta no cine e, concretamente, no cine en galego. O argumento conta a historia dunha moza que intenta construír unha ponte para dar acceso a unha vila. Para facelo ponse a camiñar e atópase con Castelao e con Basilio Álvarez. A rodaxe contou entre os seus intérpretes con Xosé Manuel Olveira "Pico", Antón Casal, Pili Lorenzo, Xosé Ramón Rodríguez e Alfonso Armada. As localizacións pertencían a Rubillón, Ponte Caldelas, Cabrais, Ribeira e a praia de Arealonga,no ano 1979 fai a filme en Super 8 Eu, o Tolo, considerada por moitos a primeira longametraxe de ficción en galego e trátase dunha iniciativa individual e bastante afeccionada como demostra o feito de que Chano Piñeiro e máis Pablo Barreiro, o técnico de son e músico do filme, tivesen que percorrer persoalmente toda Galicia para exhibir, proxector e pantalla en man, a longametraxe. A estrea oficial só tería lugar o 12 de marzo de 1982 en Vigo grazas ó entusiasta apoio da Corporación Municipal. Eu, o Tolo é un relato surrealista e metafísico en torno a un extravagante personaxe, "Eu". "Eu" casa coa súa bicicleta. Acusado do asasinato do vehículo, foxe da cadea e chega a ser presidente do gobernó. O gran salto na filmografía de Chano Piñeiro prodúcese en 1984 cando fundou a produtora cinematográfica Piñeiro S.A. (despois Bubela S.L.), cuxa primeira realización sería a louvada curtametraxe en 35 mm, Mamasunción. O filme estréase o 28 de decembro de 1984 en Vigo e consegue atraer a atención de diversos festivais internacionais. Tal foi o éxito desta curtametraxe que o 25 de xullo de 1985 a TVG abre a súa primeira emisión con Mamasunción. Sen dúbida trátase do filme máis logrado na carreira de Chano Piñeiro. En 1988, Chano Piñeiro iniciou a rodaxe de Sempre Xonxa, a primeira longametraxe galega en 35 mm. Era un proxecto demasiado ambicioso para as posibilidades de Chano Piñeiro. A rodaxe alongouse durante máis dun ano e medio por mor das eivas financeiras e das complexidades da produción. Esta rodaxe esgotou o patrimonio de Chano Piñeiro e derramou a súa fráxil saúde. Con todo, conseguiu estreala en 1989, e esta película obtivo certo recoñecemento internacional, e queda na conciencia colectiva dos galegos coma un fito na historia da cultura galega, en 1993 recibiu o encargo institucional de rodar O Camiño das Estrelas mediometraxe destinado a promocionar o Xacobeo 93, suceso turístico-promocional que a Xunta de Galicia, acababa de inventar. Chano Piñeiro deseña unha película a medio camiño entre a realidade e a ficción. A estrea tivo lugar o 25 de xullo dese ano no Monte do Gozo. Sería a súa última película, e malia contar con medios técnicos nunca visto ata entón no cine galego, representa claramente o punto máis baixo na filmografía de Chano Piñeiro. O argumento xira ó redor da historia de amor entre un lobishome e unha serea, o cal serve de escusa ou de contrapunto para ir presentando as terras do Camiño de Santiago. Pero o argumento acaba sendo do máis manido e o resultado global foi moi controvertido.Lamentablemente, non lle deu tempo a rodar máis películas, ó falecer en 1995 con só 40 anos.
FILMOGRAFÍA:
  • Os paxaros morren no aire, 1977
  • Eu, o Tolo, 1978
  • Esperanza, 1986
  • Mamasunción, 1984
  • Sempre Xonxa, 1989
  • O Camiño das Estrelas
  • Trala súa morte, creáronse para honralo os Premios Chano Piñeiro que levaban o seu nome. Logo dun ano de celebración, estes premios pasaron a denominarse Premios Mestre Mateo. Posteriormente, foron creados outros Premios Chano Piñeiro, en paralelo ós anteriores
    PREMIOS E RECOÑECEMENTOS:
    Obtivo no ano 1993 o premio San Martiño de nomalización lingüística do Concello da Estrada.
    Recibiu a Medalla de Prata de Galicia en 1995, a título póstumo

    No hay comentarios:

    Publicar un comentario