domingo, 15 de mayo de 2016

GALICIA PARA MAL NO ANO 2050

GALICIA PARA MAL NO ANO 2050
No ano 2050 Galicia non será máis que outra comunidade autónoma de España. Polo tanto Galicia estará gobernada polos direxentes de Madrid e nós,todos os galegos faremos caso do que eles ordenen nese momento sen que os galegos teñamos o poder de decidir se eso nos interesa ou non. E una das consecuencias que terá isto é que o galego prácticamente deixará de existir tanto no fala como á hora de escribir e pasará a ser un dialecto que falará alguna xente no ámbito privado como por exemplo na casa. En canto á poboación galega para o ano 2050 vaise caracterizar como una poboación onde cada vez hai máis xente anciana que xóven como ocorre agora,xa que no ano 2050 as parellas terán como moito dous fillos por familia e como consecuencia descenderá a natalidade infantil en Galicia e tamén o 40% da poboación terá que marchar da súa terra. O clima galego para o 2050 vai pasar de ser un clima oceánico caracterizado polas temperaturas suaves ao longo do ano e tamén caracterizado polas numerosas precipitacións a convertirse Galicia nun sitio cun clima mediterráneo é dicir pasaremos de ter chuvia "por un tubo" a ter moita calor e por culpa disto, deixaremos de ter os bosque verdes que tanto caracterizan Galicia e tamén perderemos toda esa fauna e natureza que habita nestes bosques. Outro ámbito que pódese ver afectado para o ano 2050 pode ser o turismo que visita Galicia cada ano e polo tánto a xente deixará de visitar ás nosas fermosas praias,ríos,bosques e monumentos que temos aquí en Galicia e todo isto levará ao noso país a unha profunda crise económica no sectores do turismo e da hostelería e por último todos os nosos bosques galegos serán invadidos polos eucaliptos sen deixar que haxa outras especies de árbores en Galicia ou tamén pódese dar o caso que no ano 2050 xa non existan as especies autóctonas de animais coma a galiña de Mós ou a famoso "rubia galega" entre outras especies.

No hay comentarios:

Publicar un comentario