domingo, 21 de febrero de 2016

INVENTOS "MADE IN GALICIA"

Coñecese que un dos grandes descubrementos dos galegos foi o Futbolín, pero ninguén ha falado da calculadora e do primer libro electrónico.
Ha quedado claro que Galicia é terra de inventores. No caso do primeiro tratase dun veciño de A Estrada, e este primer modelo encóntranse nas oficinas de IBM en Nova York, un aparato de 22kg de ferro e acero.
Outro dos inventos que han revolucianado a sociedade, débese a unha profesora dunha escola ferrolana que encargouse da elaboración do libro electrónico, antecesor as tablets. Este libro creouse coa función de que os alumnos non levarán tanto peso nas súas mochilas. Este invento encóntranse no Museo de Ciencia e Tecnoloxía de A Coruña. En relación a isto e polo menos en canto a mín refíerese, non tiña constancia de que estes dous inventos tan importantes sobre todo para a educación, incluso no caso dos libros electrónicos que actualmente utilizanse para o ocio, supón un gran avance grazas a estes inventos feitos por galegos 

Vos presento a Ángela Ruiz Robles, creadora do primeiro libro electrónico e profesora dunha escola de Ferrol.

OS REVOLUCIONARIOS GALEGOS "MODERNOS"

RESISTÊNCIA GALEGA
 
Resistência Galega é a expresión empregada por distintas persoas a titulo individual, e pequenos grupos organizados, para reivindicar accións violentas de loita independentista galega de esquerdas. O termo nace a partir dun Manifesto de Resistência Galega publicado no 2005. O comezo de todo foi cunha referencia  referencia ao termo Resistência Galega aparece nos días previos ao Día da Patria de 2005, cando se publica en internet un Manifesto pola Resistência Galega. O manifesto anima á "loita popular galega pola Libertação nacional e social da Galiza", xustificando a loita armada, e propugnando unha resistencia sen nomes nin siglas, anónima.
Durante os dous anos seguintes, aparece o lema Resistência Galega relacionado a distintos actos violentos, en forma de pintadas nos lugares atacados, ou en comunicados reivindicando os actos e ao ocorrer estes sucesos foi cando todo o mundo empezou a pensar que había un grupo organizado baixo este nome, así foi como a prensa ten atribuído distintos atentados, e intentos de atentados, ao suposto grupo Resistência Galega. Debido ao achado de material para fabricar explosivos acompañado de panfletos que facían referencia á Resistência Galega, no norte de Portugal, tamén se ten especulado sobre a existencia dun comando estable no país veciño. Ten sido unha constante o aumento dos actos da autodenominada "resistencia violenta" nas vésperas do Día da Patria, o que conlevou un aumento da represión policial sobre o ámbito independentista. Segundo di a  Unión Federal de Guardias Civiles recoñece que "Resistencia galega, como tal non existe".  Segundo recolle El País tras ese comunicado, estas mesmas fontes afirman que "Resistência Galega non é unha organización, senón un manifesto ao que se acollen mozos independentistas para reivindicar as súas accións". Por outro lado, organizacións independentistas, como AMI, Briga ou Nós-UP, afirman non ter ningún coñecemento de grupo algún que actúe organizado baixo o nome Resistencia Galega. Algúns membros condeados ao cárcere de Resistencia Galego foi o 12 de setembro do 2013 cando a Audiencia Nacional condeou a catro membros de Resistência Galega a penas de entre 10 e 18 anos de cárcere por participación en organización terrorista, tenencia de explosivos e falsificación de documentos con fins terroristas.



pintada a favor de Resistência Galega en Vigo


jueves, 18 de febrero de 2016

A MENSAXE DE REBELIÓN NO HIMNO GALEGO

A MENSAXE DE REBELIÓN NO HIMNO GALEGO
Cando Manolo explicou na clase que tíñamos que facer varias entradas sobre rebelións de galegos ao segundo despois de dicir iso á miña cabeza veu a idea de facer unha entrada sobre a frase que ten o noso maravilloso himno que dí "desperta do teu sono fogar de breogán" xa que sempre que escoitaba o himno esta frase chamábame moitísimo a atención e me preguntaba que quería dicir Don Eduardo Pondal con esta frase onde se atopa unha mensaxe escondida. Polo tanto dicidín buscar información do himno galego para poder contálo nesta entrada.
O motivo central do himno é que Galicia desperte do seu sono e emprenda o camiño hacia a libertade, escoitando, para elo, a voz dos rumorosos pinos, que simbolizan ao pobo galego e tamén a miña opinión persoal é que ademáis de que Galicia emprende o seu camino hacia a liberdade tamén quere dicir que o pobo galego ten que alzar a voz contra as opresións que sufriu Galicia. No himno o nome de Galicia non figura no poema, como é habitual en Pondal, e no seu lugar fanse referencias metafóricas ao fogar e a nación de Breogán.
Ademáis do celtismo e do helenismo sempre presentes na obra de Pondal, foi a súa capacidade para penetrar nos sentimentos do pobo e expresar as súas aspiracións fundamentais.





OS MÁRTIRES DE CARRAL

Este é un claro caso de rebelión de galegos contra os que mandaban no "cotarro":Coñécense como Mártires de Carral os militares sublevados en varios lugares de Galiza en 1846 contra o presidente Narváez que foron executados na vila coruñesa de Carral. A orixe da revolta foi a seguinte:Sendo raíña de España Isabel II, que contaba daquela con 13 anos de idade, o presidente do Goberno Central, o xeneral Narváez, instaurou unha ditadura que provocou enfrontamentos populares. O 2 de abril de 1846 levantouse en Lugo o batallón mandado polo coronel Miguel Solís, disolvendo o Consello Provincial e a Deputación; outras prazas sumáronse nos días seguintes. O 15 de abril constituíuse en Compostela a Xunta Superior do Reino de Galicia, que reclamou as liberdades e dereitos que Narváez abolira e un trato máis xusto para Galicia. O que pasou nesta historia foi que o xeneral Narváez enviou tropas baixo o mando do xeneral Gutiérrez de la Concha para recuperar o territorio. O día 23 de abril comezou a batalla de Cacheiras, na localidade homónima, entre as tropas de Madrid e as galeguistas de Solís, que foron derrotadas. A gran superioridade das tropas do goberno central fixo inútil a resistencia. As tropas do xeneral De la Concha entraron en Compostela a saqueo e pillaxe, segundo se lles prometera.
Solís refuxiouse nun primeiro momento en San Martiño Pinario, pero entregouse esa mesma tarde. Foi xulgado tres días despois en Carral, nun xuízo sumarísimo, e condenado a morte xunto cos seus compañeiros sublevados. O medo á reacción dos seus simpatizantes explica que o xuízo tivese lugar en Carral e non en Santiago ou na Coruña.
Ao serán, o coronel Solís foi levado ao adro da igrexa de Paleo, onde foi fusilado. O comandante Víctor Velasco e dez oficiais máis foron pasados polas armas na Fraga do Rei, entre Carral e Paleo, e foron enterrados no día seguinte no cemiterio de Paleo. As mostras de recoñecemento a estes heroes non ata dez anos despois, un novo goberno nomearía como "beneméritos da Patria" aos doce fusilados. As Cortes concedéronlles a "Cruz de valor e constancia" e decretaron a erección dun monumento, que non se levou a cabo ata o ano 1904, cando, por iniciativa da Liga Galega da Coruña, se erixiu o actual, construído no centro de Carral




foto do monumento que se fixo aos doce fusilados