jueves, 18 de febrero de 2016

OS MÁRTIRES DE CARRAL

Este é un claro caso de rebelión de galegos contra os que mandaban no "cotarro":Coñécense como Mártires de Carral os militares sublevados en varios lugares de Galiza en 1846 contra o presidente Narváez que foron executados na vila coruñesa de Carral. A orixe da revolta foi a seguinte:Sendo raíña de España Isabel II, que contaba daquela con 13 anos de idade, o presidente do Goberno Central, o xeneral Narváez, instaurou unha ditadura que provocou enfrontamentos populares. O 2 de abril de 1846 levantouse en Lugo o batallón mandado polo coronel Miguel Solís, disolvendo o Consello Provincial e a Deputación; outras prazas sumáronse nos días seguintes. O 15 de abril constituíuse en Compostela a Xunta Superior do Reino de Galicia, que reclamou as liberdades e dereitos que Narváez abolira e un trato máis xusto para Galicia. O que pasou nesta historia foi que o xeneral Narváez enviou tropas baixo o mando do xeneral Gutiérrez de la Concha para recuperar o territorio. O día 23 de abril comezou a batalla de Cacheiras, na localidade homónima, entre as tropas de Madrid e as galeguistas de Solís, que foron derrotadas. A gran superioridade das tropas do goberno central fixo inútil a resistencia. As tropas do xeneral De la Concha entraron en Compostela a saqueo e pillaxe, segundo se lles prometera.
Solís refuxiouse nun primeiro momento en San Martiño Pinario, pero entregouse esa mesma tarde. Foi xulgado tres días despois en Carral, nun xuízo sumarísimo, e condenado a morte xunto cos seus compañeiros sublevados. O medo á reacción dos seus simpatizantes explica que o xuízo tivese lugar en Carral e non en Santiago ou na Coruña.
Ao serán, o coronel Solís foi levado ao adro da igrexa de Paleo, onde foi fusilado. O comandante Víctor Velasco e dez oficiais máis foron pasados polas armas na Fraga do Rei, entre Carral e Paleo, e foron enterrados no día seguinte no cemiterio de Paleo. As mostras de recoñecemento a estes heroes non ata dez anos despois, un novo goberno nomearía como "beneméritos da Patria" aos doce fusilados. As Cortes concedéronlles a "Cruz de valor e constancia" e decretaron a erección dun monumento, que non se levou a cabo ata o ano 1904, cando, por iniciativa da Liga Galega da Coruña, se erixiu o actual, construído no centro de Carral




foto do monumento que se fixo aos doce fusilados



No hay comentarios:

Publicar un comentario