domingo, 21 de febrero de 2016

OS REVOLUCIONARIOS GALEGOS "MODERNOS"

RESISTÊNCIA GALEGA
 
Resistência Galega é a expresión empregada por distintas persoas a titulo individual, e pequenos grupos organizados, para reivindicar accións violentas de loita independentista galega de esquerdas. O termo nace a partir dun Manifesto de Resistência Galega publicado no 2005. O comezo de todo foi cunha referencia  referencia ao termo Resistência Galega aparece nos días previos ao Día da Patria de 2005, cando se publica en internet un Manifesto pola Resistência Galega. O manifesto anima á "loita popular galega pola Libertação nacional e social da Galiza", xustificando a loita armada, e propugnando unha resistencia sen nomes nin siglas, anónima.
Durante os dous anos seguintes, aparece o lema Resistência Galega relacionado a distintos actos violentos, en forma de pintadas nos lugares atacados, ou en comunicados reivindicando os actos e ao ocorrer estes sucesos foi cando todo o mundo empezou a pensar que había un grupo organizado baixo este nome, así foi como a prensa ten atribuído distintos atentados, e intentos de atentados, ao suposto grupo Resistência Galega. Debido ao achado de material para fabricar explosivos acompañado de panfletos que facían referencia á Resistência Galega, no norte de Portugal, tamén se ten especulado sobre a existencia dun comando estable no país veciño. Ten sido unha constante o aumento dos actos da autodenominada "resistencia violenta" nas vésperas do Día da Patria, o que conlevou un aumento da represión policial sobre o ámbito independentista. Segundo di a  Unión Federal de Guardias Civiles recoñece que "Resistencia galega, como tal non existe".  Segundo recolle El País tras ese comunicado, estas mesmas fontes afirman que "Resistência Galega non é unha organización, senón un manifesto ao que se acollen mozos independentistas para reivindicar as súas accións". Por outro lado, organizacións independentistas, como AMI, Briga ou Nós-UP, afirman non ter ningún coñecemento de grupo algún que actúe organizado baixo o nome Resistencia Galega. Algúns membros condeados ao cárcere de Resistencia Galego foi o 12 de setembro do 2013 cando a Audiencia Nacional condeou a catro membros de Resistência Galega a penas de entre 10 e 18 anos de cárcere por participación en organización terrorista, tenencia de explosivos e falsificación de documentos con fins terroristas.



pintada a favor de Resistência Galega en Vigo


No hay comentarios:

Publicar un comentario