martes, 24 de noviembre de 2015

VIDA DE LOITA E TRABALLO

María Dolores Sardiña Doce naceu o 29 de Decembro de 1945 en Tafornelos no concello das Somozas , miña avoa foi filla dun matrimonio de labregos. Aos 11 anos a súa nai morreu de meninxitis,unha enfermedade que por aquel entonces era mortal. Dende que morreu a súa nai foi a encargada de traballar nas tarefas da casa e tamén nas tarefas do campo axudando ao seu pai en todo o que podía. Ela recorda a súa niñez moi dura e con poucos recursos.Aos 17 anos deixou ao seu pai na aldea para poder ela gañarse a vida. Dende os 17 ata os 25 anos traballou en casas particulares como empleada do fogar. Pimeiro traballou en Ferrol  na casa do dono da óptica Montalvo e máis tarde na casa do dono da farmacia Durán de Xuvia, ata que aos 25 anos se coñeceron os meus avós cando un día a miña avoa foi facer a compra á tenda que tiña o meu bisavó e alí coñeceu ao meu avó que axudaba ao seu pai polas tardes na tenda. Despois de dos anos de mozos os meus avós casáronse na igrexa de Santa Rita de Xuvia no ano 72 cando a miña avoa tiña 27 anos e foi cando a miña avoa deixou de traballar como empleada do fogar para formar a súa propia familia e dedicarse a ser ama de casa. Froito deste matrimonio naceron unha nena e un neno.No ano 1985 a miña avoa trouxo para a súa casa de Xuvia ao seu pai que ata entón vivía na aldea ata que morreu no ano 1987. Dende entón ata o 4 de Octubre de 1998 que lle morreu o seu fillo nun accidente de tráfico aos 22 anos,a vida da miña avoa era unha vida normal ata que dende este tráxico suceso ela tivo unha gran depresión que tardou tempo en curar en curar. No ano 2002 quedouse viuda e no ano 2009 tivo o seu cuarto nieto. Actualmente ela ten 69 anos e vive na súa casa de Xuvia. 

Un dato que me pareceu curioso foi que ao facerlle preguntas de como viviu a etapa do franquismo a miña avoa non me quiso responder sobre ese tema.

No hay comentarios:

Publicar un comentario