viernes, 6 de noviembre de 2015

LENDAS DA LAGOA DE DONIÑOS
Vou contar estas lendas porque eu son de doniños e me sinto identificado con isto. As lendas que vou poñer agora contáronmas a miña nai, a miña tía que me contou unha lenda cando era cativo sobre a lagoa de doniños que nunca olvidarei porque me chamou a atención e tamén hai outra lenda que encontrei buscando nos libros do noso instituto
Lenda nº 1:
Din que hai moitos anos cando os primeiros habitantes se asentaron nas terras de Ferrol, fixeron un poboado sobre a lagoa de Doniños. As casas serían de madeira sobresaíndo no medio das augas, enriba de piares para estar mellor defendidas dos ataques de animais salvaxes.
Non hai probas de que este poboado existese pero si hai varias lendas falando dunha cidade chamada Valverde, que quedou afundida na lagoa de Doniños.
Conta a lenda que o pobo quedou afundido porque unha vez chegou un pobre a pedir polas casas da cidade de Valverde e ninguén lle daba nada. Nunha vivenda, unha muller tiña dous nenos xémeos botou unha bola no forno, e cando estivo cocida deulle un cacho. O pobre díxolle que como había tanta xente mala ía correrlle unha desgraza á cidade. E engadiu:
 - Colle por ese camiño arriba e non mires para atrás
E replicoulle a señora:
 - ¿E os meus fillos?
Non se preocupe, déixeos no camiño que Deus que ben os ve xa gobernará. Ao marchar a muller, oíu un gran ruído e toda a cidade afundiu formando unha lagoa. Só se salvaron os dous nenos. Din que de aí ven o nome de Doniños.
Lenda nº 2:
Esta lenda conta que doniños se chama así porque uns pescadores que estaban pescando encontraron dentro da lagoa a dous nenos afogados.
Lenda nº 3:
Dous andaluces viñeron a Galicia e tiveron dous fillos neste sitio (por eso lle chamaron Doniños, xa que os andaluces non pronuncian o s), e por esta mesma regra Maniños tomou o seu nome porque estes andaluces tiveron máis fillos.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario