viernes, 6 de noviembre de 2015

A LENDA DE BREOGÁN

Existe unha lenda na que se conta que a estirpe de Breogán chega a Galiza desde Exipto, fuxindo das pragas da época de Moisés. Con toda probabilidade esta parte da lenda foi creada en tempos medievais, cando existía unha gran tradición cristiá, isto é, no momento da súa transcrición, nos séculos XI-XII.
O anterior débese contrastar co achado dun escudo celta en Faiyum, Exipto, tal como nos mostra a obra clásica The Celts de T.G. Powell, onde se destaca que existían "mercenarios" celtas en Exipto dende o ano 274 a.C. En realidade os celtas carecían dunha historia escrita, pois a transmitían oralmente, como facían os gregos ata a compilación dos clásicos. Non será ata a chegada do cristianismo a Eire cando se compile a historia celta en varias obras clásicas. Como indican os datos xenéticos, a colonización das Illas británicas e Irlanda aconteceu despois da última glaciación, hai por volta de 16.000 anos, co cambio da sociedade de cazadores recolectores a sociedades agrícolas. A lenda, tal como a coñecemos hoxe, vencéllase á chamada cultura dos metais, en especial do bronce atlántico, cando os clásicos gregos falan das Illas Casitérides.
Galiza descríbese poeticamente no Himno galego coma o fogar de Breogán. De acordo coa lenda irlandesa incorporada no século XI á compilación Leabhar Ghabhála Érenn ("Libro das Invasións"), o rei Breogán, fundador da nación céltica galega, construíu na cidade de Brigantia (de emprazamento descoñecido mais identificada coa actual Coruña) unha enorme torre dunha altura tan magnífica que os seus fillos podían ver unha beira verde distante dende o seu cumio. A ollada desa terra enganounos para navegar ao norte de Irlanda, onde Ith sería asasinado. En vinganza, os fillos de Mil, neto de Breogán, saíndo dende Brigantia chegaron a Irlanda e conquistárona

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario