sábado, 17 de octubre de 2015

Os meus castros favoritos

Os coñecidos como Castros de Punta Neixón os cales foron fundados no século V a.C.,  son dous poboados contiguos (Castro Pequeno e Castro Grande) cuxo período de ocupación abrangue desde finais da Idade do Bronce ata época tardorromana. Atópanse na parroquia de Cespón, no concello de Boiro.


Estes restos arqueológicos naceron en Vigo, entre os séculos II a.C e III d.C, O Castro é un resto arqueolóxico de 1.800 m² que inclúe a reconstrucción de 3 edificacións castreñas de un dos poblados máis extensos e evolucionados de Galicia.


O Castro de Santa Trega é un castro galaico e un sitio arqueolóxico que se atopa no contorno do monte de Santa Trega. Pertencente á cultura castrexa e o máis emblemático e visitado dos castros galegos. Foi declarado Monumento Histórico Artístico Nacional no ano 1931 e tamén ten a consideración de Ben de Interese Cultural.


Foi o primeiro castro galego castro en ser cientificamente datado, e a pesar de que as súas dimensións son reducidas, está en boas condicións. Este de Cabana de Bergantiños ten o atractivo adicional de estar moi preto dolmen Dombate, un dos máis carismáticos de Galicia.


Situado nun lugar sobrecolledor dominando a praia de Arealonga, o castro de Baroña, pertencente ao bonito enclave de Porto do Son, é un dos mellores conservados e ao mesmo tempo, un dos máis orixinais.


O castro de Viladonga, ubicado cerca da cidade de Lugo e construido en plena romanización, é un dos máis espectaculares e mellor conservados de toda Galicia. Conta con o seu propio museo, aínda que as pezas máis importantes que se encontraron están expostas no Museo Provincial de Lugo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario